català english español français

CARTA INTERNACIONAL
PARA A CONSERVACIÓN DE POBOACIÓNS E ÁREAS URBANAS HISTÓRICAS
Adoptada por ICOMOS en outubro de 1987

PREÁMBULO E DEFINICIÓN

Todos os conxuntos urbanos do mundo, ao ser o resultado dun proceso gradual de desenvolvemento, máis ou menos espontáneo, ou dun proxecto deliberado, son a expresión material da diversidade das sociedades ao largo da historia.

A presente Carta concerne aos núcleos urbanos de carácter histórico, grandes ou pequenos, comprende todo tipo de poboacions (cidades, vilas, etc.) e, máis concretamente, os cascos, centros, barrios, barriadas, arrabaldos, ou outras zonas que posúan dito carácter, co seu entorno natural ou feito polo home. Máis alá da sua utilidade como documentos históricos, os referidos núcleos son expresión dos valores das civilizacións urbanas tradicionais. Actualmente áchanse amenazados pola degradación, o deterioro e, ás veces, pola destrucción provocada por unha forma de desenvolvemento urbano xurdida da era industrial que afecta a todas as sociedades.

Fronte a esta situación, de cote dramática, que provoca pérdidas irreparables de carácter cultural, social, e incluso económico, o Consello Internacional de Monumentos e Sitios Históricos (ICOMOS), xulgou necesario redactar unha "Carta Internacional para a Conservación das Poboacións e Áreas Urbanas Históricas".

Complementaria da "Carta Internacional para a Conservación e Restauración dos Monumentos e os Sitios Históricos" (Venecia, 1964), este novo texto define os principios, obxectivos, métodos e instrumentos de actuación axeitados para conservar a calidade das poboacions e áreas urbanas históricas e favorecer a armonía entre a vida individual e colectiva nas mesmas, perpetuando o conxunto dos bens que, por modestos que señan, constitúen a memoria da humanidade.

Como explicita a UNESCO na súa Recomendación relativa á salvagarda dos conxuntos históricos ou tradicionais e a súa función na vida contemporánea (Varsovia-Nairobi, 1976), así como noutros documentos internacionais, enténdese aquí por "conservación das poboacións e áreas urbanas históricas" o elenco de medidas necesarias para a súa protección, conservación e restauración, así como para o seu desenvolvemento coherente e a súa adaptación armónica á vida contemporánea.

PRINCIPIOS E OBXECTIVOS

Artigo 1.
A conservación das poblacións ou áreas urbanas históricas sólo pode ser eficaz cando se integra nunha política coherente de desenvolvemento económico e social, e se é tomada en consideración no planeamento territorial e urbanístico a todolos niveis.

Artigo 2.
Os valores a conservar son o carácter histórico da poboación ou da área urbana e todos aqueles elementos materiais e espirituais que determinan a súa imaxen, especialmente:
a forma urbana definida pola trama e o parcelario;
a relación entre os diversos espacios urbanos, edificios, espacios verdes e libres;
a forma e o aspecto dos edificios (exterior e interior), definidos a través da súa estructura, volume, estilo, escala, materiais, color e decoración;
as relacións entre poboación ou área urbana e o seu entorno, ben sexa natural ou creado polo home;
as diversas funcións adquiridas pola poboación ou a área urbana no curso da historia.
Calquera ameaza a estos valores comprometería a autenticidade da poboación ou área urbana histórica.

Artigo 3.
A participación e o compromiso dos habitantes son imprescindibles para acadar a conservación da poboación ou área urbana histórica e deben ser estimulados. Non se debe esquecer que dita conservación concerne en primeiro lugar aos seus habitantes.

Artigo 4.
As intervencións nas poboacións e áreas urbanas históricas deben realizarse con prudencia, método e rigor, evitando todo dogmatismo e tendo sempre en conta os problemas específicos de cada caso particular.

MÉTODOS E INSTRUMENTOS

Artigo 5.
A planificación da conservación das poboacións e áreas urbanas históricas debe ser precedida por estudios multidisciplinares.
O plan de conservación debe comprender un análisis de datos, particularmente arqueolóxicos, históricos, arquitectónicos, técnicos, sociolóxicos e económicos, e debe definir a principal orientación e modalidade das accións que terán que levarse a cabo no plano xurídico, administrativo e financieiro. O plan de conservación tentará de acadar unha relación armónica entre a área urbana histórica e o conxunto da poboación.
O plan de conservación determinará os edificios ou grupos de edificios que deben protexerse totalmente, conservar en certas condicións, os que, en circunstancias excepcionais, poden destruirse. Antes de realizar cualquer intervención levantaráse unha acta, rigurosamente documentada, das condicions da área.
O plan debe contar coa adhesión dos habitantes.

Artigo 6.
No caso de que se carecese dun plan de conservación ou éste estivese en estudio, antes da adopción do plan todas as actividades necesarias para a conservación deberán axustarse aos principios e métodos da presente Carta e da de Venecia.

Artigo 7.
A conservación das poboacións ou áreas urbanas de interese histórico implica o permanente mantimento das edificacións.

Artigo 8.
As novas funciós deben ser compatibles co carácter, vocación e estructura das poboacións ou áreas urbanas históricas. A adaptación de éstas á vida contemporánea requiere unhas cuidadas instalacións das redes de infraestructura e equipamientos dos servicios públicos.

Artigo 9.
A mellora do "habitat" debe ser un dos obxectivos básicos da conservación.

Artigo 10.
No caso de ser necesaria a transformación dos edificios ou a construcción doutros novos, toda agregación deberá respetar a organización espacial existente, particularmente o seu parcelario, volume e escala, así como o carácter xeral imposto pola calidade e o valor do conxunto de construccións existentes. A introducción de elementos de carácter contemporáneo, sempre que non perturben a armonía do conxunto, pode contribuir ao seu enriquecemento.

Artigo 11.
É importante contribuir a un mellor coñecemento do pasado das poboacioós e áreas urbanas históricas, favorecendo as investigacións arqueolóxicas e a axeitada presentación dos seus descubrimentos, sen perturbar a organización xeral do tecido urbano.

Artigo 12.
A circulación de vehículos debe ser estrictamente regulada no interior das poboacións e áreas urbanas históricas, e as zonas de estacionamento deberán planearse de xeito que non degraden o seu aspecto nin o seu entorno.

Artigo 13.
Cando no marco da ordenación territorial estea prevista a construcción de grandes estradas, ou de vías de circulación intensa, non deberá permitirse que penetren nas poboacións ou áreas urbanas históricas, pero sí facilitar a aproximación e mellorar os accesos.

Artigo 14.
Nas poboacións e áreas urbanas históricas téñense que adoptar medidas preventivas contra as catástrofes naturais e as diversas perturbarcións (especialmente a contaminación e as vibracións), tanto para a conservación do seu patrimonio como para a seguridade e benestar dos seus habitantes. Os medios empregados para prevenir ou reparar os danos ocasionados por unha catástrofe deben adaptarse ao carácter específico dos bens que se deben conservar.

Artigo 15.
Para asegurar a participación activa e implicar aos seus habitantes, débese realizar un programa de información desde a edade escolar. Deberán facilitarse as accións das asociacións para a conservación e adoptarse as medidas financieiras axeitadas para asegurar a conservación e restauración.

Artigo 16.
A conservación exixe a formación especializada dos diferentes profesionais implicados.

ARQS